venres, 16 de xuño de 2017

Os presentadores da gala


Os nenos/as que entregan os premios das diferentes categorías son:
- O premio de animación entrégao Sergio López e Eva de 5º.
- O premio mellor guión entrégao Martín de 1ºA e Noelia de 1ºB.
- O premio 1º ESO e 2ºESO entrégao Valeria Domíngez e Sara de 2º.
- O premio Canosa- Rus entrégao Jacobo e Minerva de 6º.
- O premio de ficción entrégao Natalia, Iván de 3 anos e Manuel de 4 anos.
 

martes, 6 de xuño de 2017

Curtas premiadas

Hoxe realizouse a entrega de premios na Gala do Festival dos soñadores ás curtas mellor valoradas.
Para esta selección o xurado, composto por nenos/as de 5º e 6º de E.P., puntuou cada unha das curtas nas diferentes categorías, tendo un peso final do 70%, o outro 30%, que conformaba a puntuación total, foi concedido por mestras/es do centro que quixeron participar.

luns, 5 de xuño de 2017

Retransmisión da Gala

Mañá ás 11h. retransmitirase a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores no Pazo da cultura de Carballo. Podedes seguir o desenvolvemento neste enlace.

venres, 2 de xuño de 2017

Os presentadores da gala.

Ahora imosvos decir quen son os presentadores desta gala:Julia,  Sabela, Ana M.,Yeray,Uxía,Hugo F., Daniel  e Pedro.P.Van presentar os finalistas de cada categoría.A quinto comunicáronlle os finalistas e despois de saber quen eran os selecionados de cada categaría.Apuntáronos na lista e fixeron un ensaio con sexto na biblioteca de como van facer o día da gala.Ese día comprovaron que había que facer cambios pòrque non coincidía coa orde na que saián as curtas.









                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               

Mesa de información completada!!

Ímosvos falar da mesa da exposición:
Nesta mesa hai información sobre as primeiras ilusións ópticas, vídeos en VHS de películas antigas, 4 anos trouxo cámaras que son modelos antigos, tamén temos taumátropos, 2 altavoces de director, temos carteles de películas, cintas que levan as cámaras super 8, un oso de peluche Winnie the Pooh e revistas de cine.
Para formar esta mesa case todas as aulas achegaron algo e algunhas familias os obxectos. Con este material aprendemos moito e esperemos que vós tamén aprendades.

Aplicación das estrelas


Primeiro buscaron información sobre un traballo. Cos ipad tiveron que gravar cunha aplicación chamada Aurasma e despois subíronas as estrelas.
 

domingo, 21 de maio de 2017

As laranxas máis laranxas...

Os nenos/as da EEI de Barrionovo (Arteixo) envían este vídeo cun teatriño na mesa de Luz cos debuxos e Luís Seoane e texto adaptado de Carlos Casares titulado "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas".
Agardamos que vos guste!

sábado, 20 de maio de 2017

O galo Quirico

Os nenos e nenas de 4 anos B de Educación Infantil do Ceip Campomaior de Ordes fixeron esta curta sobre o conto "O galo Quirico" da editorial Kalandraka.
Agardamos que vos guste!


O libro encantado

Representación dos nenos/as de 2º de E.P. do CEIP Canosa-Rus (Coristanco) titulada "O libro encantado".
Agardamos que vos guste!

O mundo que queremos

Actuación dos nenos/as de 2º de E.P. do CEIP Canosa-Rus (Coristanco). Utilizando a mímica representan diferentes escenas nas que vemos distintas accións que podemos realizar para conseguir un mundo mellor.

Agardamos que vos guste!

venres, 19 de maio de 2017

Guión da gala


Ímosvos falar sobre o guión da gala.

Os nenos/as de 6º tiveron un tempo de duración do festival e despois repartiron as tarefas de cada curso e o que iban a realizar cada un. 
O guión da gala serve para que todo o mundo saiba que facer e cando teñen que saír ao escenario.

O peixe da fonte do xardín

Os nenos/as de 3º de E.P. do CEIP Canosa-Rus (Coristanco) realizan unha adaptación de "O peixe da fonte do xardín" de Carlos Casares.
Agardamos que vos guste!


xoves, 18 de maio de 2017

A invasión das avespas velutinas

Documental realizado polos nenos de 1º de E.P. do CEIP Canosa-Rus (Coristanco) para concienciar do perigo que carrexan as avespas velutinas para o noso ecosistema.

Agardamos que vos guste!

Non hai volta atrás

Os nenos/as de 4º de E.P. do CEIP Plurilingüe Virxe do mar (Narón) preséntano esta curta para concienciar na educación viaria.

"Unha nena resulta atropelada pola imprudencia dunha condutora. Convértese en pantasma e decide que, coa súa nova existencia, axudará a xente para que non lle pase o mesmo que a ela. Así, corrixe certas condutas inapropiadas de diversos usuarios da vía."
Agardamos que vos guste!



mércores, 17 de maio de 2017

O coelliño branco

Os nenos/as de 1º de Educación Primaria do CEIP Canosa-Rus (Coristanco) representan a adaptación do conto "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros.
Agardamos que vos guste!


A nosa bomba da felicidade

Os nenos/as das aulas de 1º de E.P. do CEIP Canosa-Rus (Coristanco) fan unha recreación do conto "A bomba da felicidade" de Carlos Casares.
Agardamos que vos guste!


luns, 15 de maio de 2017

A guerra dos números


Curta realizada coa técnica de animación stop motion elaborada polos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria do CPI Castro Baxoi (Miño) sobre o conto "A Guerra dos Números" da editorial Oqo.

Agardamos que vos guste!

A máscara do león

Adaptación da obra "A máscara do león" de Margarita del Mazo e Paloma Valdivia publicada por OQO. Esta curta foi realizada por alumnado de Educación Infantil no CEIP Xesús San Luís Romero.

Agardamos que vos guste!

Refugallo sonoro 2017

Memoria visual do proxecto de construción de instrumentos musicais desenvolvido polo alumnado de 4º e 6º de Educación primaria e as súas familias no CEIP Sofía Casanova (Culleredo).
Agardamos que vos guste!


Árbore xenealóxica musical

Curta documental sobre a memoria dun traballo de investigación do alumnado de 5º de Educación primaria do CEIP Sofía Casanova (Culleredo) sobre os gustos musicais da súa familia.
Agardamos que vos guste!




Pingueiras dun mar de música

Do CEIP Sofía Casanova (Culleredo) chéganos esta curta coa representación de mulleres e as suas relacións coa música.
Agardamos que vos guste!


Ribeiras do Anllóns

Curta realizada coas fotografías realizadas polo alumnado e profesorado do 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo) sobre a fauna e flora que atoparon nas saídas polo paseo do Bosque do Añón (paseo fluvial do Anllóns) ao longo do curso 2016-17.
Agardamos que vos guste!


A cabra boba

Esta curta, que adapta o conto "A cabra Boba" da editorial OQO, foi realizada por nenos e nenas de 3 e 5 anos do CEIP Bergantiños.
Agardamos que vos guste!

A bomba da felicidade

Realizada por nenos e nenas de 4 anos do CEIP Campomaior de Ordes chéganos esta curta. Trata do conto "A bomba da felicidade" de Carlos Casares.
Agardamos que vos guste!

Carlos Casares, que crack!

Os alumnos e alumnas de apoio do IES Alfredo Brañas, fan un repaso por toda a vida literaria do autor homenaxeado nas letras galegas deste ano, Carlos Casares, involucrando a todo o instituto e ofrecendo a súa visión persoal.
Agardamos que vos guste!

sábado, 13 de maio de 2017

Nera a ferreira

Vídeo realizado polos nenos/as de 1º de primaria do CEIP Canosa-Rus. Inspirado na obra "Nera a ferreira". Trata o tema da igualdade de xénero.
Agardamos que vos guste!


venres, 12 de maio de 2017

A galiña azul

Esta é a curta que presentan aas aulas de 2º e 4º de E.P. do CEIP Canosa-Rus (Coristanco) baseada no conto de Carlos Casares, autor homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas, "A galiña azul".
Agardamos que vos guste!

O cartel luminoso en marcha

Nesta entrada imos explicarvos como iluminamos o panel da biblioteca. Primeiro, os nenos de sexto viñeron a biblioteca a tomar as medidas, e sobráronlle 30 cm. A continuación, fixeron as conexións eléctricas na clase, despois pulsaron o interruptor e non encendía, déronse conta que os cables estaban mal colocados, mal pelados, mal atornillados e as fichas estaban mal colocadas. Corrixiron os problemas, comprobaron que funcionaba e por último, foron a biblioteca e iluminarona con unha tira Led.

Panel informativo



Este é o panel de investigación do PDI De espectadores a protagonistas que está no primeiro andar. Consta de tres partes:

Impresora 3D


Ola a todos! Hoxe imos falarvos de como se farán os premios.

Os nenos/as de infantil fixeron unha videoconferencia co cole EEI Barrionovo de Arteixo. Deixaranlle a súa impresora 3D e explicáronlle como se usa. Soamente se pode usar unha cor.
Neste vídeo que fixeron os nenos de Barrionovo podedes ver a xornada. Convidámosvos a velo!






A prensa e o festival

Ímosvos falar de como difundiron o festival 3º e 1ºB de E.P.
Fomos a 3º e a 1ºB a preguntarlles como difundiron o festival e 3º dixéronnos que mandaran varios correos electrónicos á prensa e a todos os colexios de Galicia. En 1ºB contáronnos que difundiran o festival pegando carteis en diferentes lugares culturais, a través de redes sociais e falando con mestres/as doutros colexios.

xoves, 11 de maio de 2017

A galiña azul

Esta é a curta que presenta a E.E.I. Barrionovo (Arteixo) en forma de Time-lapse baseado na Galiña Azul de Carlos Casares.
Neste enlace veredes tamén algunha imaxe de como se fixo.
Agardamos que vos guste!



venres, 5 de maio de 2017

Premios para o festival dos soñadores

Hoxe imos contarvos que os nenos de Educación Infantil fixeron uns trofeos para o festival.
Cada aula organizouse en grupos. Primeiro buscaron imaxes de formas xeométricas como cadrados, círculos, triángulos e rectángulos, que despois transformaron en prismas cunha aplicación en internet. Posteriormente cada aula seleccionou os dous que máis lles gustaron.
Estes deseños imprimiranse cunha impresora 3D para entregarse aos gañadores o próximo 6 de xuño na Gala no Pazo da cultura de Carballo.

Organización dos equipos

Nesta entrada imos falar dos equipos que organizan o festival.
Forman parte do equipo de dirección: Marcial, José, Minerva, Nerea, Jacobo e Pablo.
Forman parte do equipo de comunicación: aula de terceiro e aulas de primeiro, Aprender a investigar (4ºE.P.)
Forman parte do equipo de coordinación da gala: aulas de sexto e quinto.
Forman parte do equipo de actividades: Carmen, Andrea, Rubén e Aprender a investigar (4ºE.P.).

Calendario de organización

Nesta entrada ímosvos contar que os nenos/as de 6º do equipo de dirección elaboraron o calendario de organización das tarefas dos equipos.
Usaron  un folio moi grande, tomaron  as medidas, logo puxeron  os días da semana e pensaron  nunha data para cada unha das actividades dos equipos. Apuntáronas no calendario e a continuación pintáronas  segundo  o código de cores que decidiron. Despois foron  dicindo a cada clase que o calendario xa estaba dispoñible e que cando  quixeran podían ir velo poder ter as súas tarefas a tempo.

O comezo

Os nenos de 3º para difundir o comezo do festival enviaron un correo electrónico á prensa e aos coles de Galicia. Tamén convocaron a participación no concurso de curtas, ao mesmo tempo achegaron as bases  por correo. Agora están  traballando no cartel da gala.

venres, 28 de abril de 2017

Sonrisa de Magdalena


A primeira curta que vos presentamos titúlase "Sonrisa de Magdalena".
Trátase dunha animación dos alumnos/as de 1º ESO do IES As Barxas para o Booktrailer do relato "Sonrisas de Magdalena" de Cecilia Mansilla Sánchez.
X Certamen Internacional de Relatos "En mi verso soy libre" da Aula Hospitalaria del Complejo Hospitalario Ntra. Sra. del Perpetuo Socorro de Albacete (Murcia).
Agardamos que vos guste!


Seleccionamos nome



Unhas das primeiras tarefas foi elixir o nome.

O logotipo e cartel de primeiro

Principalmente os nenos de primeiro buscaron o que era un logotipo.

Empeza o cine!

Para a gala do Festival dos Soñadores necesítanse uns presentadores.

Comeza o festival!

Para participar no Festival dos soñadores tivemos que elaborar unhas bases.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...