martes, 6 de xuño de 2017

Curtas premiadas

Hoxe realizouse a entrega de premios na Gala do Festival dos soñadores ás curtas mellor valoradas.
Para esta selección o xurado, composto por nenos/as de 5º e 6º de E.P., puntuou cada unha das curtas nas diferentes categorías, tendo un peso final do 70%, o outro 30%, que conformaba a puntuación total, foi concedido por mestras/es do centro que quixeron participar.

O resultado foi o seguinte:
Mellor obra de animación: A cabra boba - CEIP Bergantiños (Carballo)
Mellor obra de ficción: A guerra dos números - CPI Castro Baxoi (Miño)
Mellor documental: A invasión da avespa velutina - CEIP Canosa-Rus (Coristanco)
Mellor guión orixinal: Non hai volta atrás - CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (Narón)
Mellor curta de secundaria: Carlos Casares, que crack! - IES Alfredo Brañas (Carballo)
Grazas a todos os centros que participaron por facer posible este Festival dos soñadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...